A espectacular campaña de promoción turística da Xunta de Galicia para este ano 2020, “Galicia volve”, céntrase na promoción da nosa Comunidade como un destino seguro e privilexiado, vinculado ao medio natural e onde os turistas poden sentirse como en casa. Un lema “Galicia, como na casa”, que leva moitos anos sendo o slogan das nosas casas NATURLAR e que hoxe máis que nunca ten o maior dos sentidos.
O vídeo, protagonizado pola destacada actriz Benedicta Sánchez, está rodado nos arredores dunha casa rural, como símbolo da conexión de Galicia coa natureza, e a partir de aí amosa todas as fantásticas posibilidades que ofrece a nosa comarca: cultura, aventura, praia, montaña, gastronomía, festas …
As nosas casas rurais NATURLAR queren ser ese fogar de Galicia desde o que descubres unha rexión tan máxica.
“As boas historias sempre volven”
A prestixiosa editora de guías de viaxe Lonely Planet convocou unha enquisa entre os seus seguidores nas redes sociais para determinar cal era o seu destino […]
Santiago de Compostela sempre ten peregrinos que pasean polas súas rúas. A chegada da primavera e, con ela, o bo tempo, é sinónimo do crecemento do […]