Dende NATURLAR estamos moi comprometidos para que sintas as nosas casas como a túa propia, e poidas gozar das túas vacacións ao 100% e sen preocupacións:
Compromiso
Cumprimos con todas as medidas de hixiene e desinfección esixidas e recomendadas polas autoridades sanitarias.
Cancelación flexible
Establecemos unhas políticas de cancelación flexibles para que poidas reservar as túas vacacións con total tranquilidade.
Limpeza e desinfección
Os aloxamentos son perfectamente ventilados e desinfectados antes da túa chegada, e reforzamos a limpeza das estancias cunha nebulización desinfectante.
Téxtiles
Lavamos sabas, toallas e outros téxtiles a máis de 60º C.
Formación
O noso persoal superou os pertinentes cursos de formación en PRL derivados do covid-19.
Independencia
Os nosos aloxamentos teñen accesos individuais e só comparten as zonas axardinadas ou de paso.
Pago Online
Realízase o pago online para a túa seguridade e comodidade
Información Online
Dispoñemos de información sobre a nosa contorna e propostas de actividades na nosa web www.naturlar.com , para evitar o contacto con materiais físicos.