FAQ´S

Tes algunha pregunta?

Durante os anos que levamos xestionando Naturlar, fixéronnos moitas preguntas relacionadas coa estancia, os servizos na casa rural, sobre que facer, sitios que visitar… Así que fixemos unha listaxe coas dúbidas e preguntas máis frecuentes. Pero se ti tes algunha dúbida e non está aquí, escríbenos a info@naturlar.com. Ou chámanos ao +34 981580266. Estaremos encantados de poder axudarche e de engadilo a esta listaxe.

FAQ´S sobre o Aloxamento Rural

O aloxamento é accesible para persoas con mobilidade reducida?
Si, o aloxamento é accesible para persoas con mobilidade reducida. Todos os apartamentos para dúas persoas están adaptados.
Hai sabas na casa rural ou teño que levalas?
Na casa tes sabas e mantas. Tanto as camas como as camas supletorias están equipadas con roupa de cama. Non tes que traer nada.
E toallas tamén hai?
Si, hai toallas para todos. Os cuartos de baño da casa rural están equipados con toallas de ducha e de mans.
A cociña está equipada?
Todas as cociñas están equipadas con neveira, microondas, cociña e louza necesaria para a estancia (cubertos, pratos, vasos, tixolas, …)
As casas dispoñen de cheminea e grella?
Si dispoñen de grella común e cheminea independente en cada casa.
Teño que levar cafeteira?
Non fai falta que traias cafeteira. En cada apartamento hai unha cafeteira italiana (que non necesita filtro).
Imos cun bebé. Teño que levar o meu berce?
Podes traer o berce para o teu bebé ou podemos montarche un berce na habitación. É gratuíto e poñemos sabas, mantiña e toalla para o teu bebé. Non esquezas reservala para a túa estancia.
Viaxamos en familia, con nenos
Estupendo! Nos apartamentos dunha habitación dispoñemos de cama supletoria onde poden durmir os nenos (previa consulta) Ademais, farémosvos recomendacións de actividades e lugares que visitar con nenos.
Podo ir coa miña mascota?
Si, a túa mascota será benvida a condición de que non quede soa na casa. Lembra indicarnos que vés con ela cando fagas o teu reserva.

FAQ´S sobre a localización das casas

Onde están Casa Farruco, Casa Don Benito, Casa Teillor, Casa Quintás e Casa do Cura?
As casas están situadas en zonas tranquilas, no rural de Galicia. Casa Teillor e Casa Quintás atópanse a cinco minutos de Melide (A Coruña) e a 45 minutos de Santiago de Compostela. Casa Don Benito ubicase nun pequeno pobo chamado Arnego (Pontevedra), Casa do Cura está ao lado do encoro de Portodemouros, entre as provincias de A Coruña e Pontevedra. Casa Farruco está en Beigondo (A Coruña), moi preto do encoro de Portodemouros.
Hai tendas preto da casa rural?
Si. Nas inmediacións da casa hai un bar e unha pequena tenda.
Pódense atopar cogomelos e algún coto de pesca pola zona?
A comarca é moi rica en variedades de fungos e cogomelos, tanto de primavera como de outono. Hai zona de pesca nas inmediacións das casas.
Hai rutas para facer sendeirismo, running, BTT, kaiak, natación, hípica, etc…?
Por suposto que si. Explicarémosche como chegar a elas. A contorna das casas está cheo de pistas en bo estado. Tamén hai moitas sendas e lugares con vistas panorámicas.
Quero practicar deporte nas miñas vacacións
A contorna do lago artificial é un lugar fantástico para o Turismo Deportivo e para adestrar.
Hai sitios para visitar e comer nos arredores?
A través dun mapa da comarca explicarémosche cales son os sitios que máis nos gustan para comer e gozar da gastronomía da zona. Ademais, contarémosche que cousas non te debes perder na comarca. Estás nun lugar perfecto para gozar das túas vacacións no rural. Poderás atopar máis información no apartado de entorno e actividades na web. Queres algún exemplo? Nas inmediacións poderás atopar museos, vivendas castrexas, ruta dos Pazos, ruta das Camelias, etc…

Galego